*** O PROGRAMA "AQUÍ APRENDEMOS" DO PROXECTO "OS EXPERIMENTOS" - 7º EPISODIO + DÍA DA TERRA ***


 Ola un día máis a todos e todas ao programa educativo, Aquí, aprendemos !

Seguimos cos experimentos e hoxe os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil van ensinarnos un experimento un tanto movidiño...

Queredes saber de qué trata?

Pois non esperedes máis e darlle á ligazón para ver o súper traballo do noso alumnado !!!

(Click aquí)

👇

7º PROGRAMA

Pero alto !!! Non os vaiades aínda.

O 22 de Abril foi o Día da Terra e xa sabedes que a clase de 6º EI e 5º EP está moi concienciada con protexer a nosa terra e a nosa natureza, por iso quixemos facer unha actividade moi chula para conmemorar este día.

A actividade chámase: O reto dos 7 elementos naturais, e consiste en que cada neno e nena, durante 7 días, ten que atopar un elemento natural que comece pola inicial do seu nome. Unha vez o atope, xa sexa indo a pasear, no colexio, visitando a un familiar, na casa, etc., debe facerlle una fotografía ou un debuxo e traelo ao colexio. Deste xeito, entre todos e todas fixemos un mural e reflexionamos sobre a importancia de todos os elementos naturais que trouxemos con nós e sobre a vida e a Terra.

Reflexión 6º EI


Os nenos e nenas de infantil reflexionaron durante a semana sobre o día da Terra, o que nos ofrece o noso planeta, a súa importancia e o que podemos facer para coidala.
Comezamos a reflexión comentando os elementos que nos ofrece a natureza e sairon ideas de todo tipo. Cada neno e nena pensou nunha palabra presente na natureza que empezase pola inicial do seu nome e sairon cousas como xarda, salmón, mar, árbores, eucaliptos...
Fixemos un debuxo e escribimos a palabra para colócala no noso mural da terra.
Tras esto coméntanos onde se arropada cada cosa, se era autóctona e o que significaba iso e a importancia de cada unha delas.
Así, fixeron nunha asemblea unha chuvia de ideas sobre que lle pasa ao planeta.
Chegaron á conclusión de que o noso planeta estaba enfermo e que o ser humano é o animal máis perigoso do mundo!!!
Pero non todo está perdido, podemos aportar coas nosas accións diarias un gran cambio: podemos talar menos árbores, reforestar e plantar especias autóctonas, recoller a basura que vemos tirada no Chan, reciclar para reutilizar, reducir o consumismo, non cazar especies protegidas ou en perigo de extinción ou empregar menos coches, reducindo así o cambio climático.
Aquí vos amosamos como quedou o mural, queremos transmitirvos unha mensaxe moi importante:

COIDADE DO PLANETA, NON TEMOS OUTRO!!!!!!

Reflexión 5º EP


O alumnado de 5º EP comezou a reflexión lembrando o comentado anteriormente, cando traballáramos para o concurso "Hazlo Verde" e a importancia dos bosques. 

Meses despois, os seus pensamentos seguen sendo os mesmos, o planeta e a súa natureza hai que coidala, porque nela o ser humano vive, xunto cos demais seres vivos, e se a Terra desaparece, nós con ela.

Pensamos nos diferentes recursos naturais que nos ofrece o noso planeta e se estamos utilizándoos dun bo xeito, e chegaron á conclusión de que depende da persoa. Hai xente que consume o necesario e outra que utiliza recursos de forma innecesaria, pero tendo claro que os recursos naturais están para ser utilizados dentro dun límite, sempre sen dañar ao noso planeta e de maneira sostible.

Durante a semana do reto o alumnado de 5º atopou diversos elementos naturais: corteza, tronco, árbores, aguacate, auga, trufa, tomate, Enebro, parras,... Unha gran variedade de elementos que ás veces non nos damos conta de que os temos tan preto.

En definitiva, debemos ser respetuosos, manter o aire limpo, o chan, respetar a flora e a fauna,...,  e vivir sabendo que a natureza non é nosa, senon que ela ofrécenos un lugar onde vivir.

MURAL


Esta é a nosa casa, a nosa responsabilidade é coidala.


Sandra e Ruth.





Comentarios

Entradas populares de este blog

*** Día 38: Miércoles 22-04-2020 - DEPORTES - VOLEIBOL ***

*** O PROGRAMA "AQUÍ APRENDEMOS" - 2022/2023- 3er EPISODIO ***

*** O PROGRAMA "AQUÍ APRENDEMOS" - 2022/2023- 1er EPISODIO ***