Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2025

O DESAFÍO DOS 6 REINOS OCULTOS

Imagen
  O desafío dos 6 reinos ocultos é un proxecto educativo innovador que consta de 6 xogos adaptados e populares que transforma a aprendizaxe nunha aventura emocionante. A través de desafíos físicos e estratéxicos, os alumnos/as desenvolven habilidades como a cooperación, a creatividade e a toma de decisións.  A Educación Física convértese no motor dunha experiencia transversal, conectando distintas disciplinas e fomentando a participación activa. Cada proba, sen aviso previo, mantén a intriga e fai que a motivación do alumnado se manteña ao máximo. Máis que un xogo, é unha viaxe que deixa pegada e reforza o valor da aprendizaxe activa. COMEZAMOS! 😍 1. Yumanji à consiste nun xogo de 3 equipos cuxo obxectivo es rematar as probas antes que os adversarios. Os equipos terán 7 personaxes, algún alumno/a poderá ser 2 personaxes á vez se o equipo non ten 7 membros nel. Cada xogador/a terá dúas pulseiras que serán as súas dúas vidas. Cada personaxe, elixido polos membros do equip...